PRAZA da BANDA é un espazo reservado para impulsar e dar a coñecer a novos/as creadores/as de banda deseñada e/ou artistas relacionados co medio que queiran dar a coñecer e/ou vender o seu material autoeditado, fanzines, arte orixinal, prints, etc. 

Normas de participación

  1. O espazo constará dunha superficie de 1,5 m de lonxitude e unha cadeira que se colocarán baixo unha cuberta sen traseira. Non se pode solicitar máis dun espazo por artista e a organización ten que estar informada de quen participa en cada espazo.
    Non se poderá sobrepasar en ningún caso o espazo asignado nin engadir mesas ou outros elementos, agás estruturas tipo reixa, ou similares, cunha altura máxima de 60-70 cm.
  2. Horario:
    · Venres: de 17:00 a 20:30
    · Sábado: de 10:00 a 20:30
    · Domingo: de 10:00 a 14:00
    O espazo ten que estar atendido durante todo o horario aberto ao público. No caso de abandono do posto, procederase ao seu peche definitivo.
  3. Infelizmente, ante a falta de apoios institucionales que soporten os custos das infraestructuras do espazo, este ano o prezo de inscripción ten que cubrir na sua totalidade os gastos derivados das infraestrutura necesarias.
    Desta maneira, teriamos os seguintes custos:
    35 euros – Custo obrigatorio – Destinado a costear o aluguer da carpa. Cada carpa ten espazo para 4 persoas/mesas.
    10 euros – Custo opcional – Destinado a costear o aluguer da mesa (Dimensións: 1,50m X 0,7m)
    5 euros – Custo opcional – Destinado a costear o aluguer da cadeira.
    Estos importes están direccionados a cubrir os custos do aluguer pedido polos proovedores sen nengún tipo de lucro para a organización.
    Podes traer a túa mesa e a túa cadeira, sempre que sexa das dimensións adecuadas, e terán que ser aceptadas pola organización.
    No momento en que a organización acepte a solicitude do espazo notificarao á persoa solicitante e terá un prazo máximo de 5 días para efectuar o pago do modo no que se lle indique na notificación. En caso de anulación do espazo non se devolverá o importe.
  4. A solicitude de participación realizarase enviando un correo electrónico a xx@xx.xx, indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e unha descrición e mostra do material que se exporá e/ou porá á venda. Ademais, deberase indicar a opción escollida de mesa e/ou cadeira.
  5. O envío da solicitude non supón a adxudicación do espazo. Cada unha das solicitudes serán valoradas e notificarase a aceptación a través do correo electrónico co que se realizou a petición.
  6. Non está permitido vender:
    • Alimentos e bebidas.
    • Obras publicadas por editoriais.
    • Deseños, debuxos ou material de fabricación propia que vulneren os dereitos de autor, copyright ou a propiedade industrial e intelectual.
    • Material que non estea relacionado coa obra do artista.
  7. En caso de choiva ou que exista calquera circunstancia que impida que o evento se desenvolva ao aire libre na zona peonil, a actividade pasaría a realizarse nun local próximo habilitado pola organización.
  8. A data límite para a solicitude será o xx de xxxx (ata as 12:00h). As prazas son limitadas e a concesión do espazo correrá a cargo da organización seguindo os criterios que se establecen nas normas xerais de participación.